O teu ano de amenceres
Elixe unha cidade e mira a que hora saíu o sol cada día do ano, con tres reloxos distintos: o actual, o de Portugal e o actual sen cambio de hora no verán.
- 5–6 h
- 6–7 h
- 7–8 h
- 8–9 h
- 9–10 h
- 8:30
| Escenario | > 8:00 | > 8:30 | > 9:00 |
|---|
Como lelo
- Cada gráfico é un ano: o eixo horizontal son os días e o vertical a hora oficial do amencer.
- As franxas azuis agrupan o amencer por hora: canto máis escura, máis tarde sae o sol. A liña de trazos marca as 8:30.
- Os saltos de marzo e outubro son os cambios de hora.
- A táboa conta os días do ano con amencer despois das 8:00, as 8:30 e as 9:00.
Método
Os amenceres e solpores calcúlanse no teu navegador coas ecuacións de posición solar da NOAA (cénit de 90,833°, que inclúe refracción e tamaño do disco solar). Contrastámolos cos datos de timeanddate.com para Santiago e Lisboa para o 21 de decembro de 2026 e a diferenza é de 0 a 1 minuto. O horario de verán aplícase do último domingo de marzo ao último de outubro, como fixa o Real Decreto 236/2002. As coordenadas das cidades proceden de Wikidata. Os días contados son os do ano en curso.
O reverso
Coa hora de Portugal os amenceres e os solpores adiántanse unha hora todo o ano: o sol sae antes, pero tamén se pon unha hora antes ca agora, tamén no verán. Non hai opción sen contrapartida, e por iso mostramos tamén o solpor da cidade elixida. Un exemplo concreto, para Vigo en xaneiro, está en O colexio a escuras →
Para entender por que pasa isto: Galicia está ao oeste de Greenwich →
Comparte unha cidade
A dirección garda a cidade que elixiches: copia o enderezo do navegador. Exemplos:
Fontes
- NOAA — General Solar Position Calculationsgml.noaa.gov
Ecuacións de amencer e solpor (cénit 90,833°)
- Wikidata — coordenadas (P625)wikidata.org
Lonxitude e latitude de cada cidade (CC0)
- BOE — Real Decreto 236/2002, hora de veránboe.es
Verán: do último domingo de marzo ao último de outubro
- timeanddate.com — Santiago de Compostela, decembro 2026timeanddate.com
Validación: 21/12 amence ás 9:01 (o cálculo dá 9:01)
- timeanddate.com — Lisboa, decembro 2026timeanddate.com
Validación: 21/12 amence ás 7:50 (o cálculo dá 7:51)
Se che parece razoable, asínao.
Non pedimos cartos nin datos que non fagan falta. Só contar cantas persoas pensan que o tema merece un debate serio.
Ir a Asínao →