A que hora amence en cada cidade?
Todas as capitais peninsulares e de Baleares, ordenadas de leste a oeste. Cambia o escenario e o día e mira como o mesmo reloxo cae moi distinto en Xirona e en Vigo.
21 dec, co horario actual: o sol sae ás 8:13 en Xirona e ás 9:00 en Vigo. 47 minutos de diferenza co mesmo reloxo.
Amencer hora actual días ao ano con amencer despois das
Como lela
- Cada punto é a hora oficial á que sae o sol ese día. Canto máis á dereita, máis tarde amence.
- A zona raiada marca os amenceres despois da hora que elixas. Os puntos laranxa xa caen nela.
- A columna da dereita conta cantos días do ano amence despois desa hora.
- Nos escenarios alternativos, o círculo baleiro indica onde estaría o amencer co horario actual.
Método
Os amenceres calcúlanse no teu navegador coas ecuacións de posición solar da NOAA (cénit de 90,833°, que inclúe refracción e tamaño do disco solar). Contrastámolos cos datos de timeanddate.com para Santiago e Lisboa e a diferenza é de 0 a 1 minuto. O horario de verán aplícase do último domingo de marzo ao último de outubro, como fixa o Real Decreto 236/2002. As coordenadas das cidades proceden de Wikidata. Canarias non aparece porque xa ten unha hora menos ca Península.
Para entender por que pasa isto: Galicia está ao oeste de Greenwich →
Comparte un exemplo concreto
A dirección garda o escenario, o día e a hora límite que elixiches: copia o enderezo do navegador e xa podes citalo. Exemplos:
- Vigo o 21 de decembro, coa hora actual
- Vigo o 21 de decembro, coa hora de Portugal
- Santiago o 21 de decembro, sen verán
Fontes
- NOAA — General Solar Position Calculationsgml.noaa.gov
Ecuacións de amencer e solpor (cénit 90,833°)
- Wikidata — coordenadas (P625)wikidata.org
Lonxitude e latitude de cada cidade (CC0)
- BOE — Real Decreto 236/2002, hora de veránboe.es
Verán: do último domingo de marzo ao último de outubro
- timeanddate.com — Santiago de Compostela, decembro 2026timeanddate.com
Validación: 21/12 amence ás 9:01 (o cálculo dá 9:01)
- timeanddate.com — Lisboa, decembro 2026timeanddate.com
Validación: 21/12 amence ás 7:50 (o cálculo dá 7:51)
Se che parece razoable, asínao.
Non pedimos cartos nin datos que non fagan falta. Só contar cantas persoas pensan que o tema merece un debate serio.
Ir a Asínao →